Quote image editor
“O río aínda collía uns anacos da lúa vella, de lúa podre, de anaco de cabazo podre que se despenaba, de manteiga amarela, de luz pegañosa, polas restrebas escorrendo a se derreter por embaixo dos piñeiros de Santa Ladaíña a retrincos aínda máis vermellos, como cando vin o ferro vivo na fundición de Malingre ou o ferro na fragua do Catapiro no primeiro instante da auga, agora sen chiar, alumando de preguiza, sen renxer, manseliño polas restrebas; todo tépedo, calado, arrecendendo a río do verán, á espesidume do cheiro do verán, ás pozas mornas do verán, a cabazo podre, a lúa morta aformentada do verán, escorregando até os enchoupos do brión, cos retrincos de luz amarela, morredía, na auga encol dos cachóns múos do verán, e tantas arrás na espesidume do seu canto no cheiro da lama do verán, e a luz vermella nas pozas e limos apegadizos, e nos coiñais dunha soa cor an espesidume do ar do verán e as sombras medrando medrando, afundíndose, estendéndose sen se ver xa a outra beira do río, xa con présa como apagándose todo decontado, e puña medo.” — Eduardo Blanco Amor