“A paisaxe non ten o ledo verdor das terras cháns e abertas que Pedro alvistou dende o tren. O coche vai rolando, a tombos, por gándaras ermas e lombos areosos; baixa polas abas dun monte cuberto con herbas do demo, para caer en tremedales de xuncos; gabea por outeiros con alfarrobeiras e corre por chairas tiñosas. Xa decorreron moitas horas de andadura, a rolar por soedades, e no devalo do día, aparece un casal, alá no fondo, á veira dunha lagoa, espello morto de augas salitrosas.” Topography Book:Os dous de sempre Source: Os dous de sempre