“O río aínda collía uns anacos da lúa vella, de lúa podre, de anaco de cabazo podre que se despenaba, de manteiga amarela, de luz pegañosa, polas restrebas escorrendo a se derreter por embaixo dos piñeiros de Santa Ladaíña a retrincos aínda máis vermellos, como cando vin o ferro vivo na fundición de Malingre ou o ferro na fragua do Catapiro no primeiro instante da auga, agora sen chiar, alumando de preguiza, sen renxer, manseliño polas restrebas; todo tépedo, calado, arrecendendo a río do verán, á espesidume do cheiro do verán, ás pozas mornas do verán, a cabazo podre, a lúa morta aformentada do verán, escorregando até os enchoupos do brión, cos retrincos de luz amarela, morredía, na auga encol dos cachóns múos do verán, e tantas arrás na espesidume do seu canto no cheiro da lama do verán, e a luz vermella nas pozas e limos apegadizos, e nos coiñais dunha soa cor an espesidume do ar do verán e as sombras medrando medrando, afundíndose, estendéndose sen se ver xa a outra beira do río, xa con présa como apagándose todo decontado, e puña medo.” Topography Author:Eduardo Blanco Amor