“Un rato é unha cousa que se move, unha cousa que vive nos sobrados e ten un corazón pequerrechiño e dous ollos de vidro sempre acesos. Unha cousa que vai furando as tebras, xurde correndo, pasa, fuxe, líscase. Un rato é unha cousa que está viva un intre só, despois non é nada, sombra nas sombras mestas dos buratos. A noite é un burato sen orelas pra os homes, tristes ratos sin acougo. Un home é unha cousa que cavila, cismando sempre, sempre amargurado, fuxindo de outras cousas que rebulen, revolvendo papeis, decote rebulindo, sempre con presas, atafegado sempre, camiña, chouta, avanta nos buratos, nos sobrados do mundo, nas estradas da vida, nas pedras, no vento, nas rúas, nos seos das mulleres. Un rato é unha cousa que se move. Escóitame Walt Disney ¿Onde estabas que os meus soños de pombas non te viron cando o meu corazón inda era neno e había carabeles nos meus ollos?”
Quote by Celso Emilio Ferreiro
Book:O Soño Sulagado
Work
O Soño Sulagado
Browse quotes and source details for this work. more
Author
You May Also Like
Source: Batangas: My Sky and Earth
“Wearing fake happiness is as good as smearing foundation. A bit of moisture drains it all.”
Source: Yukon Ho!
“But I was too young to know how to love her”
Source: The Little Prince
Source: The Little Friend
Source: Welcome to America
Source: Every Bone a Prayer
Source: The Anthropocene Reviewed: Essays on a Human-Centered Planet